No marco de axudas do Fondo Social Europeo, o Concello de Vigo, propón a posta en marcha do Proxecto denominado "IMOS TRABALLAR 2”, continuidade do que puxo en marcha na convocatoria anterior, e que ten como finalidade responder ás necesidades xeradoras de emprego no municipio de Vigo e favorecer a preparación de procedementos de cara a poñer en marcha un segundo Pacto Local polo Emprego en Vigo.
O Pacto Local polo Emprego pretende conquerir un MEDIO para mobilizar os recursos locais para a creación de emprego, un INSTRUMENTO para identificar as actividades susceptibles de crear novos empregos no entorno local, unhas FERRAMENTAS necesarias para planificar a política de emprego de Vigo, uns CRITERIOS DE AVALIACIÓN para establecer un proceso continuo de desenvolvemento da política local de emprego.
Para a consecución dos obxectivo o proxecto engloba dos tipos de accións:
Itinerarios de Inserción Laboral: Ofrécese unha orientación personalizada aos/ás demandantes de emprego (especialmente a aqueles/as con especiais dificultades para a súa inserción no mercado laboral) e a oportunidade de cursar formación específica axeitada ao seu perfil e necesidades, xunto coa realización de prácticas profesionais que acompañen á devandita formación,para así lograr a inserción tanto social coma laboral dos/as principais demandantes do municipio de Vigo.
2º Pacto Local polo Emprego entre os distintos axentes do Municipio e o Concello de Vigo, co obxectivo de redactar un documento consensuado do plan de acción local para o emprego da cidade de Vigo.
O pacto o integran entidades sindicais (CC.OO, CIG,UGT) e empresariais (APE, AJE, CEP), xunto co Concello de Vigo.
Proyecto que foi financiado por a Secretaría de Estado de Cooperación Territorial do MAP, enmarcada dentro das axudas do FSE previstas no eixe 2 do Programa Operativo "Adaptabilidade e Emprego" entre os anos 2009-2011
O proxecto englobou duas accións diferenciadas:
- Pacto local entre os participantes para o establecemento de acordos en materia de Emprego estable e de calidade
- Itinerarios integrais de inserción socio-laboral que inclúen formación, orientación e búsqueda de saídas profesionais a mozos vigueses
As entidades participantes no proxecto foron: APE Pontevedra, AJEGALICIA, CCOO, CEP, CIG, UGT e Concello de Vigo.